Esta semana lemos dous contos que nos encantaron!!!
De momento, vos deixamos con un deles "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"
(Slide coas imaxes do conto)
E unha canción sobre o conto:
17 nov 2011
Nesta semana...
Esta semana estrenamos nova organización da aula, agora traballamos e merendamos todos xuntos...
Paula fixo coa profe Fátima (do Plan Madruga) un crocodilo con cartón e unha caixa de ovos ¡¡chulísimo!!
(fotos do luns 14 de novembro)
Experimentamos con confeti ¿Que lle pasará se lle sopramos?
Houbo algunha que outra rifa-mordisco, curación e perdón...
E chegaron moitas cousas á aula!!
Anxo trouxo 3 pequenos tomates que Ariel nos dixo que se chamaban tomates cherry. Logo de lavalos, todos probamos un trociño...mmmmm....Paula fixo coa profe Fátima (do Plan Madruga) un crocodilo con cartón e unha caixa de ovos ¡¡chulísimo!!
E a mami de Ana, Elda, nos mandou unha caixa con galletas e unha nota chea de letras!!! A nota foi pasando de man en man e recoñecimos moitas das nosas letras! Despois de lela, Ana nos explicou que como o luns tivo que ir correndo para o autobús e non trouxo a mochi coa merenda, a nai lle manda esta caixiña por se a ela ou a outro neno calqueira lle pasa ¡¡MOITAS GRAZAS!!
Por certo, non nos esquecimos das fotos do magosto eh!! Dentro de moi pouquiño poderedes ver as fotos no blogue do cole (se pinchades na imaxe accederedes ao blogue)
Etiquetas:
actividades,
experimentamos,
outros blogues,
pensamos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)