25 oct 2011

O SAMAÍN II

samainempty
Hoxe Alexia nos contou que o seu irmán Raúl -que xa é todo un Oso- lle contou que a festa das cabazas se chama Samaín! Todos nos dimos conta que a palabra Samaín se parece a Halloween que nos ensinou a  teacher Olga coa que estamos facendo unhas cousas super chulas que xa vos ensinaremos.

Xa sabemos tamén que o Samaín é unha festa de bruxas (dixo Ana), de ósos (dixo Alexia) e moitas cabazas.

Erik nos contou que fixo unha co seu papá, coa súa mamá e co seu avó ¡¡Non nola podiamos perder!! Así que ao volver da clase de música co profe Javier e antes de merendar, fixemos unha mini-excursión ata a entrada do cole a vela:



Pero había moitas máis!!!







Nos fixo moita gracia saber que as cabazas se poden chamar tamén CALACÚS!!

Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

No hay comentarios: