22 oct 2011
O SAMAÍN
Durante a semana que entra, os caracoliños nos mergullaremos no Samaín (se pinchades no nome accederedes á información sobre esta tradición) e, por tal motivo, o venres levaron para casa unha notiña na que se lles animaba a traer ao cole unha cabaza caracterizada.
Como non podía ser doutro xeito, eu vos propoño que, a quen lle apeteza, veña á nosa clase a facer calqueira cousa relacionada con elas (baleiralas e caracterizalas, unha receita que leve cabaza entre os ingredientes, ensinarnos varios tipos de cabazas,...) Xa sabedes que a nosa aula está aberta para vós!!
Quen se anime, que se poña en contacto con nós a través do mail caracolinhosdeisamil@gmail.com
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario