30 nov 2011

Apufffff.........

Hoxe -seguro- chegamos a casa cansadíiiiiiiisimos. E é que os mércores temos toda a mañá para nós e traballamos moitísimo!!! Despois da visita da mami de Paula -que lle tocaba facer a penúltima exposición das fotos da familia (e menos mal!!! porque xa non temos parede para tanta foto!!)- puxémonos mans á obra e...

Logo de non chegar a un acordo sobre a cor, comezamos a pintar a árbore de Nadal que apareceu hoxe na nosa aula (e é que temos un duende que, de cando en vez, nos deixa cousas)






Buscámoslle mil e un usos a "isto" e decidimos convertilo nun orixinal lapiceiro que Paula, con moito esmero, decorou...


Botámoslle "alquil" aos números 1 que xa tiñamos pintados para que brillen...



Comezamos a decorar coas cores, gomets de estreliñas e brillantina unhas estrelas que decorarán o corredor de Infantil...



E rematamos uns anxiños feitos con material de refugallo (os vestidos son trociños de blonda, as cabezas son tapas envoltas no papel de aluminio no que traemos as merendas e anacos de lazo dourado) ...



e xa adornan a porta da nosa aula xunto co resto das cousiñas que van chegando...




¡¡E aínda nos deu tempo a facer dúas fichas do método (a ver se o sacamos prontito do medio)!!

APUFFF.....

Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

No hay comentarios: