- Facer a paz e portarse ben e facer cousas que lle gustan a outra xente- lles contei - Que máis cousas boas se vos ocorren?
- Coller unha flor para mamá (Sofía)
- Mercarlle una mochila nova a mami poruqe a dela está rota (Erik)
- Darlle una caracia a Lola (Alexia) coa lingua! (Ana) Iso é un bico de vaca (Erik)
- Portarse ben cos can, cos cabalos e cos gatos (Ana) Pero a a min Misia me araña (Sofía)
- O can de Pepi dame bicos na man e me leva de arrastro polos pantalóns (Erik)
- Portarse moi ben no cole (Paula)
- Dar moitos abrazos (Ana)
- Comer a mazá coa pel (Ana)
- ...
Unha vez tivemos claro o concepto explicamos un pouco en que consistiría a festa e, en vista de que non había caramelos, nin música para bailar, nin nada, ¡e representada por unha pomba!!!... concluímos que se trataba dunha festa un pouco rara.
O luns, o Día da Paz, a profe Carmen nos avisou de que tiñamos que escoller a un de nós para soltar unha pomba de verdade!! e como todos queriamos (bueno, a profe non) decidímolo xogando ao xogo das cadeiras...
E a gañadora foi... ¡¡Paula!!
Pronto no blogue do centro veredes fotiños do Día da Paz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario