A semana pasada iniciámonos nunha nova técnica de relaxación: os mandalas. Os mandalas son representacións esquemáticas e simbólicas do macrocosmos e microcosmos empregados no budismo e no hinduismo. Pintar mandalas axúdanos a mellorar a atención -cando lle damos unhas regras para pintalos, como pode ser que non coincida a mesma cor en dúas seccións diferentes- ou para relaxarnos, coloreando segundo os nosos gustos.
Nesta páxina ORIENTACIÓN ANDÚJAR podedes atopar moitísimos mandalas e información ao respecto, pero, a modo resumo, cos mandalas:
- Traballamos a psicomotricidade fina
- Traballamos a creatividade e a orixinalidade
- Traballamos a atención
- Traballamos a expresión creativa mediante o emprego de técnicas plásticas
- Estimulamos a aprendizaxe
- Traballamos a comunicación
- Axúdannos na relaxación, máis se os acompañamos con música clásica ou relaxante,...
No noso corredor xa podedes ver os que levamos pintados
No hay comentarios:
Publicar un comentario