O próximo luns 14, se o tempo non o impide, iremos ao Correlingua ben guapos coas nosas camisetas. Hoxe na asemblea démonos conta de que sabemos falar en moitas linguas! e que en galego sabemos moitísimas palabras!! Algunhas das que eliximos para levar nas camisetas foron bico, peixiño, Pepiño, pitiño, ollos, leite, currichiño, choiva,...
Ademais, imos cantar e bailar con Pés de Lan todas as cancións ¡¡Que levamos moi ben ensaiadas!!
Se premedes na imaxe, accederedes ao programa do Correlingua.
¡¡Ímolo pasar xenial!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario