Moitas veces se pensa erróneamente que, por ser nenos/as moi despertos, autónomos, que levan moito tempo indo á gardería, etc., non van a notar un gran cambio coa chegada á escola. O Período de Adaptación é o tempo que cada neno/a precisa para adaptarse ás novas situacións, e a chegada á escola está chea desas novas situacións: una profe nova que, pouco a pouco, se vai convertir na nova figura de apego ou referencia, un espazo novo, descoñecido, moito máis amplo que a gardería, con nenos todos máis maiores e grandes, uns límites, unhas normas, unhas rutinas novas, menos tempo para xogar e máis tempo de "traballar",... Moitísimos cambios!!
Establecín a temporalización do PDA para unha semana e un día; a maioría dos caracoliños/as se adaptaron ben, sen maiores problemas, algúns choros, algúns "quero a mami",... Se ben, aínda a día de hoxe, ao longo da xornada, todos e todas amosan algún signo de estar nese proceso de adaptación polo que PACIENCIA E CALMA se algún día se amosan reticentes á vir á escola, se choran, se non contan nada ao chegar a casa, se teñen máis rabietas do normal, se o seu caracter non é o de sempre... Pouco a pouco todo irá volvendo á normalidade. Adaptarse é difícil para os adultos, imaxinádevos para os nenos/as de 3 anos.
Pero....vamos coas fotos!! Durante o PDA fixemos mooooooitas cousas:
- Exploramos no recanto das construccións; Izan, Ariel e Alexia fixeron unha carretera...
- Xogaron no recanto da casiña...- Tamén nos puzzles...
- Máis casiña...- Tamén tivemos globos...
- Houbo momentos de concentración...- E de ir motorizados!
- Xogamos coa plasti...- Ollamos algúns contos...
- Houbo momentos pequeniños de "traballo"...
- Pero tamén de xogar no patio!
- Moitas cousas foron as que fixemos para ir, pouco a pouco, adaptándonos á nosa nova realidade.
Novamente vos deixo o enlace que vos levará ao documento publicado na páxina da Consellería de Educación sobre este tema O Proceso de Adaptación E ti... vas á escola? Para velo podedes pinchar no título do documento ou na imaxe que se atopa ao principio do post.
No hay comentarios:
Publicar un comentario