Case sempre podemos aprender moito das cousas máis simples! Mirade como desenvolvemos a nosa psicomotricidade fina abotoando os mandis:
Cada vez nos sae mellor!
Ademais, Paula e máis a súa mami foron coller castañas a fin de semana e ¡trouxo 3 na carpeta viaxeira! Ao día seguinte a profe trouxo algunhas máis e, despois de pelalas, as comemos! Mmmmm.... estaban moi boas pero... que traballiño da pelalas!! Pero non se nos resistiron!! Máis psicomotricidade fina!!
E recoller todos os trociños!!
Moi boas!! GRACIAS A PAULA E A SÚA MAMI!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario