EVELYN levou o conto "Caracol e Vermiño" e debuxou unha cabaza. MOI BEN!
ARI leu ¡Que susto! e fixo un caracol que se escondía!!! Nos gustou tanto que o temos pegado na porta. MOI BEN!
PAULA tamén levou o conto de ¡Que susto! e fixo un debuxo do xardín de Caracol e Caracola. MOI BEN!
IZAN levou o conto de "Caracol e Vermiño" e debuxou a tódolas personaxes!MOI BEN!
ERIK levou o conto de "Caracol e Caracola" e debuxou a Caracol véndose na charca. MOI BEN!
ALEXIA levou o de "Unha eiruga moi larpeira" e debuxou á eiruga.MOI BEN!
SOFI levou o conto de "A que sabe a lúa?" e, con plasti, fixo unha lúa grande, a lúa xa pequeniña e triste despois de que lle comeran un trociño e unha fresa, porque a Sofi a lúa lle sabería a fresa!! MOI BEN!
ANA levou o conto de "Navega, Caracol" e, no caderno, fixo a Caracol e ás cinco raniñas en relevo! Encantounos!
ANXO levou o conto de "Caracol e Formiga" e debuxou aos dous protas! MOI BEN!!
Trátase dunha actividade estupenda, sobre todo vendo aos grandes lectores (aínda que, de momento, só son escoitadores e inventores) que se esconden baixo estes pequenos e pequenas. Reservar cada día un ratiño para ler un conto vai favorecer multitude de logros:
- Imos enriquece-lo seu pensamento, a súa imaxinación, a súa fantasía, a súa creatividade,...
- Imos mellorar a súa expresión e o seu vocabulario
- Imos favorecer a expresión, o recoñecemento e a aceptación dos sentimentos propios e alleos
- Imos ampliar a súa visión do mundo
- Imos achegar a linguaxe escrita como medio de comunicación
- Imos fomentar hábitos de responsabilidade (porque temos que coidar os libros para que non se estropeen, porque temos que levar a carpeta e traela o luns), de silencio (para poder escoitar ben ou non molestar aos demais cando estamos todos lendo), de orde, de compartir,...
Se ben, o máis máis máis importante e que desfrutemos cos nosos pequenos/as dun momento agradable grazas a unha boa historia. Nós xa temos lidas e relidas moitííííííísimas pero imos facer un top10 das que máis nos gustan:
No número 10: A XOANIÑA ROSMONA de Eric Carle (Ed. Kalandraka)
No número 8: O COELLIÑO BRANCO de Xosé Ballesteros (Ed. Kalandraka)
No número 7: A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR de Roberto Aliaga (OQO)No número 9: CORRE, CORRE CABACIÑA! de Eva Mejuto (Ed. OQO)
No 6: LOBO FEROZ de Patacrúa & Chené (OQO)
No 5: A QUE SABE A LÚA? de Michael Grejniec (Kalandraka)
No número 4: CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS de Chema Heras (Kalandraka)
No número 3: A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA de Werner Holzwart (Kalandraka)
No número 2: A SOPA QUEIMA de Pablo Albo (OQO)
E, neste momento, sen lugar a dúbidas, no número 1: UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA de Eric Carle (kalandraka)
Por suposto sen esquecernos de toda a colección de CARACOL E CARACOLA de Armando Quintero e André Letria (OQO)
No hay comentarios:
Publicar un comentario