Desfrutamos da PRIMEIRA SEMANA DA FROITA! Algúns máis que outros pero, en xeral, todos comimos un montón! Para a ocasión, fixemos un mantel especial que o venres levamos para a casa para cando merendemos a froita...
Todo sabe moitísimo mellor cunha vaixela así de colorida!!!
Un dos días, fixemos zume de laranxa...
Un pequeno vídeo no que podedes comprobar o riquísiisisisisma que estaba a froita!!!
O xoves fixemos unha fondue de chocolate e froita cos Osos e os Elefantes que pronto poderedes ver no blogue do cole ¡¡Puxémonos morados!!
Tamén tivemos unha supersorpresa!! Erik chegou a clase cun bote cheo de caracois!!!!
(Perdoade polos cortes nos vídeos, pero tiven que recuperalos a duras penas da tarxeta de memoria
E outra supersorpresa!!!! Pero esta a descubriredes ao longo da semana...
No hay comentarios:
Publicar un comentario