29 sept 2011

Que importantes son os botóns!

Case sempre podemos aprender moito das cousas máis simples! Mirade como desenvolvemos a nosa psicomotricidade fina abotoando os mandis:






Cada vez nos sae mellor!

           Ademais, Paula e máis a súa mami foron coller castañas a fin de semana e ¡trouxo 3 na carpeta viaxeira! Ao día seguinte a profe trouxo algunhas máis e, despois de pelalas, as comemos! Mmmmm.... estaban moi boas pero... que traballiño da pelalas!! Pero non se nos resistiron!! Máis psicomotricidade fina!!







 E recoller todos os trociños!!

 
           Moi boas!!  GRACIAS A PAULA E A SÚA MAMI!!      

28 sept 2011

O PERÍODO DE ADAPTACIÓN

        Moitas veces se pensa erróneamente que, por ser nenos/as moi despertos, autónomos, que levan moito tempo indo á gardería, etc., non van a notar un gran cambio coa chegada á escola. O Período de Adaptación é o tempo que cada neno/a precisa para adaptarse ás novas situacións, e a chegada á escola está chea desas novas situacións: una profe nova que, pouco a pouco, se vai convertir na nova figura de apego ou referencia, un espazo novo, descoñecido, moito máis amplo que a gardería, con nenos todos máis maiores e grandes, uns límites, unhas normas, unhas rutinas novas, menos tempo para xogar e máis tempo de "traballar",... Moitísimos cambios!!

         Establecín a temporalización do PDA para unha semana e un día; a maioría dos caracoliños/as se adaptaron ben, sen maiores problemas, algúns choros, algúns "quero a mami",... Se ben, aínda a día de hoxe, ao longo da xornada, todos e todas amosan algún signo de estar nese proceso de adaptación polo que PACIENCIA E CALMA se algún día se amosan reticentes á vir á escola, se choran, se non contan nada ao chegar a casa, se teñen máis rabietas do normal, se o seu caracter non é o de sempre... Pouco a pouco todo irá volvendo á normalidade. Adaptarse é difícil para os adultos, imaxinádevos para os nenos/as de 3 anos.

      Pero....vamos coas fotos!! Durante o PDA fixemos mooooooitas cousas:

- Exploramos no recanto das construccións; Izan, Ariel e Alexia fixeron unha carretera...

 - Evelyn baixou polo tobogán...


 - Xogaron no recanto da casiña...- Tamén nos puzzles...

 - Máis casiña...- Tamén tivemos globos...


 - Houbo momentos de concentración...- E de ir motorizados!

 - Xogamos coa plasti...- Ollamos algúns contos...


 - Houbo momentos pequeniños de "traballo"...














- Pero tamén de xogar no patio!


- Moitas cousas foron as que fixemos para ir, pouco a pouco, adaptándonos á nosa nova realidade.

Novamente vos deixo o enlace que vos levará ao documento publicado na páxina da Consellería de Educación sobre este tema  O Proceso de Adaptación E ti... vas á escola?  Para velo podedes pinchar no título do documento ou na imaxe que se atopa ao principio do post.







PRESENTÁMONOS!

Estes somos nós:

                                                                    ALEXIA
                                                                         ANA
                                                                    EVELYN
                                                                              IZAN
                                                                    PAULA
                                                                        SOFÍA
                                                                         ANXO
ERIK


Aínda non estamos todos, xa que Ariel está de vacacións, pero en canto veña... ¡foto! E igual coa profe, que saca moitas fotos aos nen@s pero se esquece de sacarse unha ela!

27 sept 2011

Bos días!!!

Todos os días, nada máis chegar e poñelo mandi, cantamos esta canción para dárnolos bos días:



26 sept 2011

@s Caracoliñ@s de Isamil

          Ola a tod@s!!
      Benvidos á nosa casiña! Somos 4 caracoles (Izan, Anxo, Ariel e Erik), 5 caracolas (Alexia, Ana, Sofía, Evelyn e Paula), de 3 anos, e unha profe (Noe), de algúns anos máis, do CEIP da Guía, de Moaña, concretamente do barrio de Isamil -de aí o nome do noso blogue-.

          Nel imos ensinarvos tooooodas as cousas que aprendemos, que facemos, que experimentamos, que cantamos... Esperamos que vos gusten moito!!

      Ah, podedes comentarnos un pouquiño máis abaixo; nos encantará saber de vós! So tedes que pinchar co rato onde pon ...cousiñas


Caracoliño en honra ao nome da nosa aula -e agora tamén do noso blogue- regalo da profe Ana de 2º.
Moitas grazas! Ainda temos que buscarlle un nome!!