Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas

21 may 2012

29 abr 2012

MANDALAS

   A semana pasada iniciámonos nunha nova técnica de relaxación: os mandalas.  Os mandalas son representacións esquemáticas e simbólicas do macrocosmos e microcosmos empregados no budismo e no hinduismo. Pintar mandalas axúdanos a mellorar a atención -cando lle damos unhas regras para pintalos, como pode ser que non coincida a mesma cor en dúas seccións diferentes- ou para relaxarnos, coloreando segundo os nosos gustos. 
   Nesta páxina ORIENTACIÓN ANDÚJAR podedes atopar moitísimos mandalas e información ao respecto, pero, a modo resumo, cos mandalas:
- Traballamos a psicomotricidade fina
- Traballamos a creatividade e a orixinalidade
- Traballamos a atención
- Traballamos a expresión creativa mediante o emprego de técnicas plásticas
- Estimulamos a aprendizaxe
- Traballamos a comunicación
- Axúdannos na relaxación, máis se os acompañamos con música clásica ou relaxante,...


   No noso corredor xa podedes ver os que levamos pintados


Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

6 mar 2012

As cancións que nos gustan...

Na parte dereita do blogue contamos cun novo amiguiño que fará que as cancións que máis nos gustan e que escoitamos unha e outra vez na clase cheguen ás vosas casas.


¡¡Esperamos que vos gusten!!


CONTÁMOSVOS QUE HOXE DECIDIMOS QUE A CADELIÑA DA MÚSICA CHÁMASE BERENJENA (POSTO QUE SON DA MESMA COR!!)

Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com