E, sen darnos conta, rematamos o mes de outubro e os pequenos siguen avanzando a pasos axigantados.
Nesta última semana de outubro fomos introducindo moitas cousas novas...
1. Comezamos a traballar os
sentimentos, identificando como nos sentimos día a día...
2. Os encargados teñen agora dúas tarefas máis: poñelo seu
nome e facer o
seu debuxo na pizarra do encargado...
3. Xogamos por primeira vez coas
marionetas de dedo ¡temos un montón!
4. E descubrimos unhas
fichas máxicas que nos encantan!! Pódense borrar e facer todas as veces que queiras!
Sofi repasando a S...
Atrapándoas entre outras letras...
Ana atrapando A...
Alexia pensativa...
Ana practicando a súa letra e un pouco enfadada porque lle saía coas patas para arriba!
Alexia pronto comezou tamén a facela súa letra...
Erik practicando a súa E con tres peliños...
Izan rodeando as I que atopou e practicando...
Ariel atrapando tamén a letra A...
E como nos encantan as letras - e resulta que están por todas partes!- pronto levaremos a cabo una tarefa de espionaxe! Xa nos estamos equipando!!