29 abr 2012

MANDALAS

   A semana pasada iniciámonos nunha nova técnica de relaxación: os mandalas.  Os mandalas son representacións esquemáticas e simbólicas do macrocosmos e microcosmos empregados no budismo e no hinduismo. Pintar mandalas axúdanos a mellorar a atención -cando lle damos unhas regras para pintalos, como pode ser que non coincida a mesma cor en dúas seccións diferentes- ou para relaxarnos, coloreando segundo os nosos gustos. 
   Nesta páxina ORIENTACIÓN ANDÚJAR podedes atopar moitísimos mandalas e información ao respecto, pero, a modo resumo, cos mandalas:
- Traballamos a psicomotricidade fina
- Traballamos a creatividade e a orixinalidade
- Traballamos a atención
- Traballamos a expresión creativa mediante o emprego de técnicas plásticas
- Estimulamos a aprendizaxe
- Traballamos a comunicación
- Axúdannos na relaxación, máis se os acompañamos con música clásica ou relaxante,...


   No noso corredor xa podedes ver os que levamos pintados


Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

22 abr 2012

NOVOS RECORTES EN EDUCACIÓN

Onte, sábado 21 de abril de 2012, o noso goberno aprobou como medida urxente (así aparece recollido no BOE) o  Real Decreto-ley 14/2012, de 20 de abril, de medidas urgentes de racionalización del gasto público en el ámbito educativo. Moito se leva escoitado acerca do tema e, quen queira, pode ler máis aquíaquíaquí ou aquí, entre moitas páxinas. 

Hoxe, domingo 22 de abril do 2012, ás 21:38, en vez de colgar a entrada na que levo traballando parte da miña fin de semana, simplemente vou dicir - e penso que falo en nome de moitas/os mestres- que non van poder con nós, que imos seguir traballando con ilusión nas nosas aulas, quizáis a partires do curso que ven masificadas, que superaremos períodos de adaptación e cursos enteiros con 30 nenos/as, sen apoios e a meirande parte dos especialistas (porque aposto a que será o próximo), nenos/as! xa sabedes, nada de dificultades de aprendizaxe, dislalias, necesidades educativas especiais,...; sen tempo para unha triste fotocopia, nin un pis,... (todo isto, segundo o noso ministro de educación, o señor Wert, sen rebaixar a calidade do ensino ?¿), ...

Son ás 21:54 horas do domingo, e pensando no día de mañá cos meus 9 caracoliños (9!!! como nos descubra Wert!!) non podo evitar sorrir pensando en que imos cantar ao entrar, nas cousas que imos contar, en que imos plantar nas nosas macetas de caras, falaremos da nosa saída do martes, merendaremos os 10 xuntos, sairemos ao patio a xogar, leremos contos, me ensinaran os seus traballiños da fin de semana, cando algún se enfade, cando outro me diga "te quiero mucho profe",... Porque no momento no que os mestres entramos na aula todo se esquece ¡¡E menos mal!! porque as cousas están como para chorar...

Recollo e fago miñas as palabras de Vane (mestra de Ed. Infantil e autora do blogue Anacos do cole) con todo o seu permiso, por suposto, e pido desculpas por se a alguén non lle parece apropiada esta entrada pero como ela mesma di "aún tengo fuerzas para luchar en lo que creo, y esta es una forma de hacerlo. Ya habrá tiempo de contaros lo que hacemos en clase, pero HOY TOCA DEFENDER LO NUESTRO"
Engádovos, xa para rematar, un enlace a unha entrada moi interesante CARA ONDE VAI A EDUCACIÓN PÚBLICA? do blogue InnovArte Educación Infantil. Non deixedes de lelo.


19 abr 2012

Nótase que andamos moi liados neste último trimestre, verdade? Temos o blogue medio abandonado... Pero hoxe, ración doble!!

O mércores da semana pasada viu Pepina (a pitiña de Izan) a visitarnos á aula ¡¡Mirade que grande está!!














Para decorar o corredor de infantil, pintamos unhas xoaniñas xigantes cun novo material que nos encantou!! Os pegamentos máxicos (como lles chaman eles) que non son máis que barras de témpera sólida
e nos quedaron así de chulísimas!!







e  xa están decorando o corredor por se as queredes ver en directo:



Para decorar tamén o mural do corredor que facemos xunto cos Osos, reciclamos un vello mural de cartolina e pintamos as letras da palabra PRIMAVERA que logo decoramos con plasti:




¡¡MÁIS COUSAS!!

Moito lle dimos ás mans para pintar unhas formigas xigantes, esta vez cunhas novas ceras tipo triplus -de forma triangular para axudarlles a coller ben a cor, o lápis,...- máis duras que as anteriores pero aínda máis brandiñas que as tipo Plastidecor...




¡¡E lles picamos unha folliña para que non pasaran fame!!

E rematamos a entrada con Sofi, que esta semana nos ensinou as cousas tan chulas que fai na súa casa ¡¡Mirade!!
 A cabaza de "Corre, corre cabaciña" que pronto decorará a biblio do cole xunto cun carteliño co título do conto que ela mesma escribiu (a ver se lle sacamos unha foto máis decente)

E un Tim, do conto "No eres tan temible, Tim" cun calcetín e dous botóns ¡¡Moi ben!! A Tim o colocamos nunha estantería para que poida ver dende alí todo o que traballamos.



Ademais, Sofi cumple mañá 4 anos e lle faremos unha superfesta!!
¡¡PARABÉNS SOFI!!

Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

8 abr 2012

Fin do segundo trimestre!

En canto nos despistamos... chegou o final do segundo trismestre ¡¡demasiado rápido!! Isto debe ser sinal de que o pasamos moi ben!!
Nestas últimas semanas antes das vacación estivemos experimentando en recantos e materiais novos de xeito autónomo ¡¡cómo se nota que nos estamos facendo maiores!!
Xogamos con xogos moi sinxeliños para aprender a manexar o rato:







¡¡A moitos xa se lles da moi pero que moi ben!!

Tamén empregamos as exponxas de letras para estampar o noso nome nas carpetas que reciclamos do método para levar os traballiños para casa. Esta tarefa, que a simple vista parece moi sinxeliña, require dun alto grado de concentración pois, primeiro, tiñan que buscar as letras que pertencían ao seu nome de entre todas as do alfabeto, logo ordenalas e logo estampalas tendo en conta que as letras repetidas no nome non están repetidas en esponxiña (por exemplo, no nome de ANA, a A só a temos nunha esponxiña, polo que tivo que darse conta de que tiña que empregar a mesma dúas veces).

Mirade, neste caso, que ben o fixeron Erik e Sofi:

 








¡¡Non foi sinxelo!!

Pero, por suposto, o gran acontecemento deste fin de trimestre foi o nacemento dos pitiños!!
Algúns deles, no seu primeiro día de vida, xa pasaron polas nosas mans...























Ao final houbo sorte e naceronnos todos así que tivemos que facer unha camapaña de adopción. Houbo tantas solicitudes que tivemos que facer un sorteo!! Na clase dos caracois os afrotunados foron Ariel e Izan
¡¡Xa nos contaredes que tal van á volta das vacacións!!


Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com