Mostrando entradas con la etiqueta actividades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta actividades. Mostrar todas las entradas

17 jun 2012

Non fan falla grandes recursos...

... para traballar moitísimas cousas!!!
 Lonxitudes e cantidades...





 Seriacións...



 Formas...

 O traballo en equipo...

 Letras...

Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

21 may 2012

3 may 2012

Día do Libro

Xa podedes ver no blogue do cole o que fixemos para conmemorar o Día do libro!

Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

29 abr 2012

MANDALAS

   A semana pasada iniciámonos nunha nova técnica de relaxación: os mandalas.  Os mandalas son representacións esquemáticas e simbólicas do macrocosmos e microcosmos empregados no budismo e no hinduismo. Pintar mandalas axúdanos a mellorar a atención -cando lle damos unhas regras para pintalos, como pode ser que non coincida a mesma cor en dúas seccións diferentes- ou para relaxarnos, coloreando segundo os nosos gustos. 
   Nesta páxina ORIENTACIÓN ANDÚJAR podedes atopar moitísimos mandalas e información ao respecto, pero, a modo resumo, cos mandalas:
- Traballamos a psicomotricidade fina
- Traballamos a creatividade e a orixinalidade
- Traballamos a atención
- Traballamos a expresión creativa mediante o emprego de técnicas plásticas
- Estimulamos a aprendizaxe
- Traballamos a comunicación
- Axúdannos na relaxación, máis se os acompañamos con música clásica ou relaxante,...


   No noso corredor xa podedes ver os que levamos pintados


Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

19 mar 2012

19 de marzo, Día do Pai

Velaquí un pequeno resumo do noso agasallo para os pais!! Foi algo traballoso, pero mereceu a pena polo chulo que quedou!



Click to play this Smilebox tarjeta


Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

18 mar 2012

8 de Marzo, Día da Muller

Co motivo da celebración do Día da Muller, todo o cole levamos a cabo unha actividade coa que tratamos o tema da igualdede, a non violencia, etc.
Cada un de nós fixemos unha camiseta máxica Unha camiseta na que puxemos unha atitude negativa e, despois de lavala na lavadora máxica, saíu limpiña e positiva!

Click to play this Smilebox scrapbook
Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

27 feb 2012

Xa sabedes que os Caracoliños e as Caracoliñas somos moi recicladores ¡¡o aproveitamos todo!! Así, na nosa aula non hai quen tire un papel de aluminio do bocata, nin un boteciño de iogur, nin un cartón,... Nin sequera as alfombrillas vellas de picar...

Fixemos con elas unha especie de "bloques lóxicos" cos que traballamos as cores vermella, azul, amarela e verde; as formas cadrada, redonda, triangular e rectangular; e o tamaño grande e pequeno (nos orixinais se traballa tamén o grosor). Como era unha das primeiras veces que traballabamos con eles, non houbo consigna algunha... Saíron cousas moi chulas!!

Casas con ventás...
Casas con pequenos garaxes e caminiños...
Casas con dobles tellados e portas redondas e oruguiñas...
Frechas e camións...

Urbanizacións e...
Megacidades!
Ao final, a fileira de casas chegaba ata a porta!!

Tamén con material reciclado estamos a facer uns pequenos agasallos por San Valentín que pronto -esperemos-  vaian saíndo camiño ás casas...

Nas fotos non se apreza moi ben o que é porque, de momento, non queremos desvelar tanto o segredo!!

De regaliño, deixamos aquí un enlace un unha páxina da que podedes sacar millóns de actividades para traballar co ordenador. ¡Velaquí vai unha de formas!


Para xogar con este tipo de xogos deberedes instalar unha pequena aplicación que vos permita executalos. Para iso, no enlace ao que vos dirixe a imaxe anterior (o enlace da actividade), clicade na primeira icona JClic, características, instalación, proyecto sinalado na imaxe inferior cun círculo vermello. 
Seguidamente, clicade onde pon descarga e instalación (sinalado na imaxe inferior cun cadrado) e instalade o necesario. 

Unha vez instalado o necesario, xa podedes clicar na foto do xogo (a primeira, a que por FORMAS) que vos levará novamente á esta pantalla...

Agora xa só tedes que clicar onde pon Versión JClic- español en VERLO (sinalado na imaxe superior cun recadro violeta) e ¡¡a xogar!!

Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

15 ene 2012

Primeira semana superada!

Pois alá se foi esta primeira semana de re-adaptación, así que o luns voltaremos xa ao duro traballo!! Pero, aínda que con algo máis de calma do habitual, fixemos moitas cousas...

Lemos contos novos e algún que outro repetido pero que nos encantan! O de "Cando Martiño tivo gañas de mexar na noite de reis" e o de "Unha eiruga moi larpeira", este último na edición desplegable que os Reis Magos lle truxeron á profe...



Falamos da nova estación na que nos atopamos, do frío que vai, que pasa cando vai moito moito frío... e fixemos un inspirimento (=experimento), moi sinxelo pero que deu moito que pensar...

Nun dos recipientes no que misturamos as pinturas...
 ...logo de pensar de onde poderiamos sacar auga...


... com moito coidadiño de non mollarnos moito o enchemos... e pouquiño a pouquiño e un anaquiño cada un o levamos ao conxelador da sala de mestres...










... o metemos dentro e...


... tocou esperar ao día seguinte...





¡Estaba durísimo e moi frío!

Puxémolo nun plato... e escachamos un anaco por se a auga estaba agachada dentro... pero non...

E cando, antes de ir para casa, nos fixamos no plato ¡xa non estaba o xeo! ¡Era auga de novo!

Pintamos moitas folerpas para decorar a aula...






Xogamos cos novos libros personalizados de números e nomes...

E, grazas á nai de Ana, descubrimos unha froita nova! Asemellaba unha cebola pero ¡Era unha granada!



¡E estaba moi boa!

 Erik nos contou cales foros os seu agasallos de Reis favoritos... (máis próximamente)





Lembrade que esta semana celebraremos a SEMANA DA FROITA, polo que non hai que traer merenda!


E novamente moitísimas grazas ao pai e á nai de Izan, que nos regalaron unha alfombra chulísima!!!







Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com