Mostrando entradas con la etiqueta material de refugallo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta material de refugallo. Mostrar todas las entradas

17 jun 2012

Non fan falla grandes recursos...

... para traballar moitísimas cousas!!!
 Lonxitudes e cantidades...





 Seriacións...



 Formas...

 O traballo en equipo...

 Letras...

Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

27 feb 2012

Xa sabedes que os Caracoliños e as Caracoliñas somos moi recicladores ¡¡o aproveitamos todo!! Así, na nosa aula non hai quen tire un papel de aluminio do bocata, nin un boteciño de iogur, nin un cartón,... Nin sequera as alfombrillas vellas de picar...

Fixemos con elas unha especie de "bloques lóxicos" cos que traballamos as cores vermella, azul, amarela e verde; as formas cadrada, redonda, triangular e rectangular; e o tamaño grande e pequeno (nos orixinais se traballa tamén o grosor). Como era unha das primeiras veces que traballabamos con eles, non houbo consigna algunha... Saíron cousas moi chulas!!

Casas con ventás...
Casas con pequenos garaxes e caminiños...
Casas con dobles tellados e portas redondas e oruguiñas...
Frechas e camións...

Urbanizacións e...
Megacidades!
Ao final, a fileira de casas chegaba ata a porta!!

Tamén con material reciclado estamos a facer uns pequenos agasallos por San Valentín que pronto -esperemos-  vaian saíndo camiño ás casas...

Nas fotos non se apreza moi ben o que é porque, de momento, non queremos desvelar tanto o segredo!!

De regaliño, deixamos aquí un enlace un unha páxina da que podedes sacar millóns de actividades para traballar co ordenador. ¡Velaquí vai unha de formas!


Para xogar con este tipo de xogos deberedes instalar unha pequena aplicación que vos permita executalos. Para iso, no enlace ao que vos dirixe a imaxe anterior (o enlace da actividade), clicade na primeira icona JClic, características, instalación, proyecto sinalado na imaxe inferior cun círculo vermello. 
Seguidamente, clicade onde pon descarga e instalación (sinalado na imaxe inferior cun cadrado) e instalade o necesario. 

Unha vez instalado o necesario, xa podedes clicar na foto do xogo (a primeira, a que por FORMAS) que vos levará novamente á esta pantalla...

Agora xa só tedes que clicar onde pon Versión JClic- español en VERLO (sinalado na imaxe superior cun recadro violeta) e ¡¡a xogar!!

Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

9 feb 2012

Porquiños sen paraxe!!

¡¡Como imos estes días!! Que se entroido, que se 2ª Semana da Froita, que se obradoiro de doces....

Imos vento en popa cos disfraces...

¡E veña a comer froita!! Esta semana comezamos con mazás e plátanos, pero o martes chegaron fresóns!!! Mmmmm.... E kiwis que Erik nos trouxo da casa da avoa Teresa, mmmm.....



E convertémonos nuns porquiños!!!






Sen esquecer, por suposto, os contos da semana....

Seguimos con A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR... ¡¡O sabemos de memoria!!


A finais da semana pasada lemos varias veces MARILUZ AVESTRUZ


E agora mesmo estamos lendo e relendo COCORICO


Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

9 ene 2012

Xa estamos de volta!

Pois despois de 18 días de vacacións ¡¡xa estamos de novo!! E, visto o visto, con moitas gañas e enerxía! Peeeero... antes de seguir, imos lembrar un pouquiño como rematamos o mes de decembro...

Fixemos os agasallos para as familias (espero que vos gustaran) e rematamos as caixas recicladas 100% para levalos...





O día 20 ¡¡viñeron os Reis Magos!!



¡Tiñamos as cartas preparadas!!





















 ¡Déronnos chuches!





 ¡E moitos regalos para todos!









 Unha boneca para peinar...
 Unha alfombra-carretera para xogar cos coches...


E un xogo que aínda non estreamos...

E o mércores 21... ¡A actuación estelar!


De momento vos deixo estas dúas fotos e este enlace (aquí) ao blog do centro no que podedes ver un resumo de todo o Nadal. Moi pronto colgarei o vídeo da nosa panxoliña.

Ah, quixera dar un xigantesco GRAZAS a Mónica e Carlos (nai e pai de Izan) por todos os contos, pelis e xoguetes que nos trouxeron para a aula.



¡¡MOITAS GRAZAS!!

E xa para rematar, dicir que precisamos unha alfombra (para un espazo bastante grande), polo que se alguén ten algunha da que se queira desfacer avisádeme deixando un comentario nesta entrada (pinchando onde pon "0 cousiñas" ao final de todo)
ou enviádeme un mail a caracolinhosdeisamil@gmail.com

Por certo, chegáronvos as postais, non?


Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com