21 nov 2011

En nada... ¡no Nadal!

Na clase dos Caracois xa estamos pensando no Nadal: que queremos que nos traian os Reis Magos, que imos facer no festival do cole, como imos decorar á nosa aula,… ¡Moitas cousas! As dúas primeiras xa as temos case solucionadas, pero a última…
Como estes días estivemos falando moito da reciclaxe (de feito, empregamos moitas cousas recicladas e estamos gardando as tapas dos bebibles, as boliñas de papel de aluminio,…) temos claro que a nosa decoración vai ser toda feita por nós ¡e xa temos moitas ideas! Pero vos pedimos que, se vos apetece, elaboredes algún elemento de decoración –xunto cos nenos, obviamente- con cousas recicladas e nolo mandedes á aula (se queredes vir a contarnos o proceso de elaboración, mellor aínda!). Igualmente, se na casa tamén gardades tapas, tapóns, corchos, botes, etc. e non se vos ocorre que facer, podedes mandárnolos e xa lle buscaremos nós un novo uso.


Por último, só pedirvos que, cando poidades, mandedes outra caixa de cartón con tapa (de zapatos, etc.) Non vos podemos dicir para que, de momento… ¡sorpresa!



Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com