Mostrando entradas con la etiqueta outros blogues. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta outros blogues. Mostrar todas las entradas
3 may 2012
17 nov 2011
Nesta semana...
Esta semana estrenamos nova organización da aula, agora traballamos e merendamos todos xuntos...
Paula fixo coa profe Fátima (do Plan Madruga) un crocodilo con cartón e unha caixa de ovos ¡¡chulísimo!!
(fotos do luns 14 de novembro)
Experimentamos con confeti ¿Que lle pasará se lle sopramos?
Houbo algunha que outra rifa-mordisco, curación e perdón...
E chegaron moitas cousas á aula!!
Anxo trouxo 3 pequenos tomates que Ariel nos dixo que se chamaban tomates cherry. Logo de lavalos, todos probamos un trociño...mmmmm....Paula fixo coa profe Fátima (do Plan Madruga) un crocodilo con cartón e unha caixa de ovos ¡¡chulísimo!!
E a mami de Ana, Elda, nos mandou unha caixa con galletas e unha nota chea de letras!!! A nota foi pasando de man en man e recoñecimos moitas das nosas letras! Despois de lela, Ana nos explicou que como o luns tivo que ir correndo para o autobús e non trouxo a mochi coa merenda, a nai lle manda esta caixiña por se a ela ou a outro neno calqueira lle pasa ¡¡MOITAS GRAZAS!!
Por certo, non nos esquecimos das fotos do magosto eh!! Dentro de moi pouquiño poderedes ver as fotos no blogue do cole (se pinchades na imaxe accederedes ao blogue)
Etiquetas:
actividades,
experimentamos,
outros blogues,
pensamos
6 oct 2011
5 oct 2011
A SOPA QUEIMA!
O venres pasado lemos o conto A SOPA QUEIMA! e nos gustou tanto que, por petición popular, o lemos o luns... o martes... e hoxe tamén!! Vaia coa historia, con María, a súa lingua, o rinoceronte, o morcego, as formigas e a nai de María que sempre lle contestaba... Pois sopra filla, sopra!
Pero hoxe, ademais, lemos outro conto no blogue doutra profe, a profe Marta, que nos encantou!! (Se pinchades no nome poderedes visitar o seu blogue, que se atopa tamén na barra lateral, no apartado Outros blogues moi interesantes)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)