28 sept 2011

O PERÍODO DE ADAPTACIÓN

        Moitas veces se pensa erróneamente que, por ser nenos/as moi despertos, autónomos, que levan moito tempo indo á gardería, etc., non van a notar un gran cambio coa chegada á escola. O Período de Adaptación é o tempo que cada neno/a precisa para adaptarse ás novas situacións, e a chegada á escola está chea desas novas situacións: una profe nova que, pouco a pouco, se vai convertir na nova figura de apego ou referencia, un espazo novo, descoñecido, moito máis amplo que a gardería, con nenos todos máis maiores e grandes, uns límites, unhas normas, unhas rutinas novas, menos tempo para xogar e máis tempo de "traballar",... Moitísimos cambios!!

         Establecín a temporalización do PDA para unha semana e un día; a maioría dos caracoliños/as se adaptaron ben, sen maiores problemas, algúns choros, algúns "quero a mami",... Se ben, aínda a día de hoxe, ao longo da xornada, todos e todas amosan algún signo de estar nese proceso de adaptación polo que PACIENCIA E CALMA se algún día se amosan reticentes á vir á escola, se choran, se non contan nada ao chegar a casa, se teñen máis rabietas do normal, se o seu caracter non é o de sempre... Pouco a pouco todo irá volvendo á normalidade. Adaptarse é difícil para os adultos, imaxinádevos para os nenos/as de 3 anos.

      Pero....vamos coas fotos!! Durante o PDA fixemos mooooooitas cousas:

- Exploramos no recanto das construccións; Izan, Ariel e Alexia fixeron unha carretera...

 - Evelyn baixou polo tobogán...


 - Xogaron no recanto da casiña...- Tamén nos puzzles...

 - Máis casiña...- Tamén tivemos globos...


 - Houbo momentos de concentración...- E de ir motorizados!

 - Xogamos coa plasti...- Ollamos algúns contos...


 - Houbo momentos pequeniños de "traballo"...














- Pero tamén de xogar no patio!


- Moitas cousas foron as que fixemos para ir, pouco a pouco, adaptándonos á nosa nova realidade.

Novamente vos deixo o enlace que vos levará ao documento publicado na páxina da Consellería de Educación sobre este tema  O Proceso de Adaptación E ti... vas á escola?  Para velo podedes pinchar no título do documento ou na imaxe que se atopa ao principio do post.







PRESENTÁMONOS!

Estes somos nós:

                                                                    ALEXIA
                                                                         ANA
                                                                    EVELYN
                                                                              IZAN
                                                                    PAULA
                                                                        SOFÍA
                                                                         ANXO
ERIK


Aínda non estamos todos, xa que Ariel está de vacacións, pero en canto veña... ¡foto! E igual coa profe, que saca moitas fotos aos nen@s pero se esquece de sacarse unha ela!