22 ene 2012

Non sei que é o que pasa, pero dende que chegamos das vacacións de Nadal as semanas pásansenos voando!!! Nin tempo temos de actualizar!! Pero aquí van as novas destes últimos días...

Desfrutamos da PRIMEIRA SEMANA DA FROITA! Algúns máis que outros pero, en xeral, todos comimos un montón! Para a ocasión, fixemos un mantel especial que o venres levamos para a casa para cando merendemos a froita...




Todo sabe moitísimo mellor cunha vaixela así de colorida!!!











Un dos días, fixemos zume de laranxa...




Un pequeno vídeo no que podedes comprobar o riquísiisisisisma que estaba a froita!!!

O xoves fixemos unha fondue de chocolate e froita cos Osos e os Elefantes que pronto poderedes ver no blogue do cole ¡¡Puxémonos morados!!

Tamén tivemos unha supersorpresa!! Erik chegou a clase cun bote  cheo de caracois!!!!


(Perdoade polos cortes nos vídeos, pero tiven que recuperalos a duras penas da tarxeta de memoria que pasou xa a mellor vida)


E outra supersorpresa!!!! Pero esta a descubriredes ao longo da semana...

Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com