22 abr 2012

NOVOS RECORTES EN EDUCACIÓN

Onte, sábado 21 de abril de 2012, o noso goberno aprobou como medida urxente (así aparece recollido no BOE) o  Real Decreto-ley 14/2012, de 20 de abril, de medidas urgentes de racionalización del gasto público en el ámbito educativo. Moito se leva escoitado acerca do tema e, quen queira, pode ler máis aquíaquíaquí ou aquí, entre moitas páxinas. 

Hoxe, domingo 22 de abril do 2012, ás 21:38, en vez de colgar a entrada na que levo traballando parte da miña fin de semana, simplemente vou dicir - e penso que falo en nome de moitas/os mestres- que non van poder con nós, que imos seguir traballando con ilusión nas nosas aulas, quizáis a partires do curso que ven masificadas, que superaremos períodos de adaptación e cursos enteiros con 30 nenos/as, sen apoios e a meirande parte dos especialistas (porque aposto a que será o próximo), nenos/as! xa sabedes, nada de dificultades de aprendizaxe, dislalias, necesidades educativas especiais,...; sen tempo para unha triste fotocopia, nin un pis,... (todo isto, segundo o noso ministro de educación, o señor Wert, sen rebaixar a calidade do ensino ?¿), ...

Son ás 21:54 horas do domingo, e pensando no día de mañá cos meus 9 caracoliños (9!!! como nos descubra Wert!!) non podo evitar sorrir pensando en que imos cantar ao entrar, nas cousas que imos contar, en que imos plantar nas nosas macetas de caras, falaremos da nosa saída do martes, merendaremos os 10 xuntos, sairemos ao patio a xogar, leremos contos, me ensinaran os seus traballiños da fin de semana, cando algún se enfade, cando outro me diga "te quiero mucho profe",... Porque no momento no que os mestres entramos na aula todo se esquece ¡¡E menos mal!! porque as cousas están como para chorar...

Recollo e fago miñas as palabras de Vane (mestra de Ed. Infantil e autora do blogue Anacos do cole) con todo o seu permiso, por suposto, e pido desculpas por se a alguén non lle parece apropiada esta entrada pero como ela mesma di "aún tengo fuerzas para luchar en lo que creo, y esta es una forma de hacerlo. Ya habrá tiempo de contaros lo que hacemos en clase, pero HOY TOCA DEFENDER LO NUESTRO"
Engádovos, xa para rematar, un enlace a unha entrada moi interesante CARA ONDE VAI A EDUCACIÓN PÚBLICA? do blogue InnovArte Educación Infantil. Non deixedes de lelo.