29 oct 2011

E POR FIN... A FESTA DO SAMAÍN!!!

E por fín chegou o día da festa!!! Qué ben o pasamos!!

Algúns dos caracois viñeron disfrazados ao cole...



Déronnos algún que outro susto...


Pero pasámolo moi ben!! Xogamos cos elefantes antes do contacontos...


E despois de escoitalo conto de " A casa do rato Renato" (moi, moi recomendable) que nos contou a profe Sonia...


fixemos unha marioneta coas personaxes do conto xunto cos compañeiros e compañeiras OSOS, ELEFANTES E OS NENOS E NENAS de 1º que nos axudaron moito!!











 ... e logo do traballo... ¡merenda terrorífica! con pantasmas, murciélagos, biscoito,... e maquillaxe do Samaín!






E antes de marchar para casa, repartimos as caretas de cabazas!








¡ FELIZ PONTE !

28 oct 2011

O SAMAÍN III

Hoxe pasámolo pipa no cole!!!    Despois da asemblea, rematamos os bats coa teacher Olga....


 Xogamos coas pumpkins...



Como nos sobraba un ratiño antes de que chegara a profe Ana, subimos á clase dos Elefantes a vela pantasma que tiñan!!!  ¡¡E todos xuntos bailamos a canción da pantasma Manolín!!!








 E xusto antes de merendar, Ana nos ensinou a súa cabaza e nos explicou como a fixera ¡¡mirade!!
Logo todos a acompañamos a deixala na entrada co resto das cabazas da exposición ¡¡hai un montón!!



E mañá... ¡¡¡¡¡ FESTA DO SAMAÍN!!!! con contacontos, obradoiro de marionetas, obradoiro de maquillaxe do Samaín e merendola terrorífica!!!


Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

25 oct 2011

O SAMAÍN II

samainempty
Hoxe Alexia nos contou que o seu irmán Raúl -que xa é todo un Oso- lle contou que a festa das cabazas se chama Samaín! Todos nos dimos conta que a palabra Samaín se parece a Halloween que nos ensinou a  teacher Olga coa que estamos facendo unhas cousas super chulas que xa vos ensinaremos.

Xa sabemos tamén que o Samaín é unha festa de bruxas (dixo Ana), de ósos (dixo Alexia) e moitas cabazas.

Erik nos contou que fixo unha co seu papá, coa súa mamá e co seu avó ¡¡Non nola podiamos perder!! Así que ao volver da clase de música co profe Javier e antes de merendar, fixemos unha mini-excursión ata a entrada do cole a vela:



Pero había moitas máis!!!







Nos fixo moita gracia saber que as cabazas se poden chamar tamén CALACÚS!!

Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com