Nótase que andamos moi liados neste último trimestre, verdade? Temos o blogue medio abandonado... Pero hoxe, ración doble!!
O mércores da semana pasada viu
Pepina (a pitiña de Izan) a visitarnos á aula ¡¡Mirade que grande está!!
Para decorar o corredor de infantil, pintamos unhas
xoaniñas xigantes cun novo material que nos encantou!! Os pegamentos máxicos (como lles chaman eles) que non son máis que barras de témpera sólida
e nos quedaron así de chulísimas!!
e xa están decorando o corredor por se as queredes ver en directo:
Para decorar tamén o mural do corredor que facemos xunto cos Osos, reciclamos un vello mural de cartolina e pintamos as letras da palabra
PRIMAVERA que logo decoramos con plasti:
¡¡MÁIS COUSAS!!
Moito lle dimos ás mans para pintar unhas formigas xigantes, esta vez cunhas novas ceras tipo triplus -de forma triangular para axudarlles a coller ben a cor, o lápis,...- máis duras que as anteriores pero aínda máis brandiñas que as tipo Plastidecor...
¡¡E lles picamos unha folliña para que non pasaran fame!!
E rematamos a entrada con
Sofi, que esta semana nos ensinou as cousas tan chulas que fai na súa casa ¡¡Mirade!!
A cabaza de
"Corre, corre cabaciña" que pronto decorará a biblio do cole xunto cun carteliño co título do conto que ela mesma escribiu (a ver se lle sacamos unha foto máis decente)
E un
Tim, do conto "No eres tan temible, Tim" cun calcetín e dous botóns ¡¡Moi ben!! A Tim o colocamos nunha estantería para que poida ver dende alí todo o que traballamos.
Ademais,
Sofi cumple mañá 4 anos e lle faremos unha superfesta!!
¡¡PARABÉNS SOFI!!