27 feb 2012

Xa sabedes que os Caracoliños e as Caracoliñas somos moi recicladores ¡¡o aproveitamos todo!! Así, na nosa aula non hai quen tire un papel de aluminio do bocata, nin un boteciño de iogur, nin un cartón,... Nin sequera as alfombrillas vellas de picar...

Fixemos con elas unha especie de "bloques lóxicos" cos que traballamos as cores vermella, azul, amarela e verde; as formas cadrada, redonda, triangular e rectangular; e o tamaño grande e pequeno (nos orixinais se traballa tamén o grosor). Como era unha das primeiras veces que traballabamos con eles, non houbo consigna algunha... Saíron cousas moi chulas!!

Casas con ventás...
Casas con pequenos garaxes e caminiños...
Casas con dobles tellados e portas redondas e oruguiñas...
Frechas e camións...

Urbanizacións e...
Megacidades!
Ao final, a fileira de casas chegaba ata a porta!!

Tamén con material reciclado estamos a facer uns pequenos agasallos por San Valentín que pronto -esperemos-  vaian saíndo camiño ás casas...

Nas fotos non se apreza moi ben o que é porque, de momento, non queremos desvelar tanto o segredo!!

De regaliño, deixamos aquí un enlace un unha páxina da que podedes sacar millóns de actividades para traballar co ordenador. ¡Velaquí vai unha de formas!


Para xogar con este tipo de xogos deberedes instalar unha pequena aplicación que vos permita executalos. Para iso, no enlace ao que vos dirixe a imaxe anterior (o enlace da actividade), clicade na primeira icona JClic, características, instalación, proyecto sinalado na imaxe inferior cun círculo vermello. 
Seguidamente, clicade onde pon descarga e instalación (sinalado na imaxe inferior cun cadrado) e instalade o necesario. 

Unha vez instalado o necesario, xa podedes clicar na foto do xogo (a primeira, a que por FORMAS) que vos levará novamente á esta pantalla...

Agora xa só tedes que clicar onde pon Versión JClic- español en VERLO (sinalado na imaxe superior cun recadro violeta) e ¡¡a xogar!!

Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

18 feb 2012

Un pouquichiño de onte ¡¡Que ben o pasamos!!


Click to play this Smilebox presentación

16 feb 2012

San Valentín

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
This presentación created with Smilebox



Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

12 feb 2012

Velaquí van unhas pouquiñas fotos do obradoiro de rosquillas e filloas que, xunto cos osos, elefantes e compañeiros de 1º, fixemos o xoves...




























 E non nos esquecemos do noso propósito de disfrazarnos toda a semana eh!! Mirade o que deu de si o recanto dos disfraces:





E esta semana...¡moito máis!

Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com