21 dic 2011

Pois xa rematamos o primeiro trimestre ¡O tempo pasa voando! Dentro de nadiña xa estamos de volta das vacacións!! Así que desfrutade moito e descansade aínda máis para vir cheos de enerxía!!
¡¡Moitísimos bicos caracoliños!!

Vémonos o 9 de xaneiro (e xa con algunha sorpresiña)!!



bo

nadal
 
Grazas por un primeiro trimestre xenial!!

19 dic 2011

CUMPLEAÑEROS!!

A semana pasada tivemos dous cumples, o de ANXO e o de ARIEL que xa teñen 3 anos!!

O de Anxo foi o luns 12...cunha supertarta!!!







E o de Ariel o xoves 15 aínda que o celebramos o venres ¡cun pallaso incluído! Ademais de tarta e piruletas de sandwich!!





















Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

8 dic 2011

¡¡QUE BEN O PASAMOS!!!

Moitísimas grazas ao pai e á nai de Ana por facer con nós zume de laranxa e pinchos de froitas!! ¡¡Pasámolo xenial!!




Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

5 dic 2011

Aproveitando a NON ponte: LUNS

Xa que no cole non facemos ponte, decidimos aproveitar esta semana rara para facer actividades un pouquiño diferentes, moi de mancharnos, moi de nadal, moi de familias... ¡¡E nos encanta!!

Hoxe, sen ir máis lonxe...

Estivemos rematando unhas estreliñas para o corredor...



Puxemos a funcionar o noso superlapiceiro...


Vimos moitos adornos feitos coas familias...
Unhas piñas chulísimas pintadas e cheas de purpurina recén chagadas da casiña de Erik!!
 Un boneco de neve moi reivindicativo dende a casiña de Ariel!!!
 Moitas boliñas feitas con papel tamén da casiña de Erik!!!
 ¡¡Vainos quedar pequena a árbore de Nadal!!!

Uns adornos ricos ricos!!!

Unha perfecta explicación do Papón de Ana (próximamente en vídeo)


E a construcción en directo da nosa casiña-chalet de cartón!!!!!!








Mil grazas a mami Sonia e papi Urber!!!


E o mércores... PINCHOS DE FROITA coa mami e o papi de Ana!!!!

Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com