Mostrando entradas con la etiqueta outono. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta outono. Mostrar todas las entradas

29 nov 2011

A pesar de que xa todos temos a cabeza máis no Nadal que no magosto, aínda nos queda algunha ficha de castañas por facer...
¡¡Transformámonos en castañas!!!





Ah!! E xa podedes ver no blogue do cole (pinchade aquí => cole da guía) as fotos do noso Magosto!!!


Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

27 nov 2011

Seguen chegando cousiñas á aula!!!

O venres chegaron moitísimas cousas das casiñas de Izan e Sofi!!!!


Ademais, Ariel e Ana contáronnos cousiñas moi interesantes!



Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

9 nov 2011

O OURIZO DA CASTAÑA

Moitas das cousas que aprendemos no cole non quedan reflexadas nunha ficha; moito do que falamos, moito do que experimentamos, moito do que contamos,... Por iso, na aula intentamos sempre ter á man a cámara de fotos/vídeo, para poder rexistrar as pequenas cousas do día a día que, verdadeiramente, son as que nos enriquecen (ademais de, eles mesmos, darse conta do que aprenden, dos seus comportamentos,...)

Onte apareceu na clase, na mesa do outono, unhas boliñas de pinchos. Ariel díxonos que eran "erizos de las castañas"




Ademais, hoxe coa excusa de engordar unhas castañas xigantes para decorar o pasillo, estivemos vendo que cousas temos na cara; e resulta que temos ollos para ver, bocas para soplar (Ana), para comer (Erik) e para falar (Sofía) e unha nariz para facer mocos (Erik) e respirar (Sofi).

As nosas super-castañas estaban moi delgadiñas porque non comían nada de merenda e decidimos engordalas dándolles de comer boliñas de papel...











Isto todo o fixemos na mesa de xuntanzas e como parece que nos gustou bastante isto de estar todos xuntos ¡¡Mañá estreamos nova organización da aula!! (e xa levamos 4 cambios...)

Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

19 oct 2011

O NOSO OUTONO

Á nosa aula tamén chegou o outono grazas á colaboración das familias que nos trouxeron moitas follas.
Con elas, de momento, só fixemos a nosa propia árbore do outono pero as nosas follas non son marróns!!Non!! Son de moitas cores!!










Ademais, estamos tamén aprendendo esta canción ¡¡que nos encanta!!


Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com