20 oct 2011

OS NÚMEROS SIGNIFICATIVOS PARA NÓS

Xa sabemos que non temos por qué comezar a aprender os números comezando polo 1 se este non nos dí nada (non é significativo para nós). Neste mes que levamos de cole, os nosos caracoliños xa coñecen e recoñecen moitos números que empregamos habitualmente na asemblea cando contamos os nen@s que quedaron na casa, os que estan no cole, as cousas que imos facer...

Coma sempre, para mostra un botón...


Xa vedes, polo tanto, que pouco nos importa o número 1 se, neste caso, hai 0 nen@s na casa, 9 no cole, facemos 7 cousas...