14 oct 2011

PLAN MADRUGA

Por primeira vez, este ano o CEIP A GUÍA oferta o servizo PLAN MADRUGA co fin de facilitar un pouquiño a conciliación da vida laboral e familiar, ofrecendo ás familias que entran moi cedo a traballar a posibilidade de deixar a almorzar ao fillo ou filla no colexio.

A caracola PAULA é unha das usuarias deste plan ¡e mirade que contenta baixa ela a gardar o cartón de leite na neveira!



Máis información na secretaría do centro.