Mostrando entradas con la etiqueta rutinas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta rutinas. Mostrar todas las entradas

3 nov 2011

DESPEDÍNDONOS DO MES DE OUTUBRO...

E, sen darnos conta, rematamos o mes de outubro e os pequenos siguen avanzando a pasos axigantados.
Nesta última semana de outubro fomos introducindo moitas cousas novas...

1. Comezamos a traballar os sentimentos, identificando como nos sentimos día a día...










2. Os encargados teñen agora dúas tarefas máis: poñelo seu nome e facer o seu debuxo na pizarra do encargado...





3. Xogamos por primeira vez coas marionetas de dedo ¡temos un montón!











4. E descubrimos unhas fichas máxicas que nos encantan!! Pódense borrar e facer todas as veces que queiras!

Sofi repasando a S...


 Atrapándoas entre outras letras...



 Ana atrapando A...
 Alexia pensativa...
 Ana practicando a súa letra e un pouco enfadada porque lle saía coas patas para arriba!



 Alexia pronto comezou tamén a facela súa letra...


 Erik practicando a súa E con tres peliños...




Izan rodeando as I que atopou e practicando...


Ariel atrapando tamén a letra A...

E como nos encantan as letras - e resulta que están por todas partes!- pronto levaremos a cabo una tarefa de espionaxe! Xa nos estamos equipando!!


Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

20 oct 2011

OS NÚMEROS SIGNIFICATIVOS PARA NÓS

Xa sabemos que non temos por qué comezar a aprender os números comezando polo 1 se este non nos dí nada (non é significativo para nós). Neste mes que levamos de cole, os nosos caracoliños xa coñecen e recoñecen moitos números que empregamos habitualmente na asemblea cando contamos os nen@s que quedaron na casa, os que estan no cole, as cousas que imos facer...

Coma sempre, para mostra un botón...


Xa vedes, polo tanto, que pouco nos importa o número 1 se, neste caso, hai 0 nen@s na casa, 9 no cole, facemos 7 cousas...

17 oct 2011

PRIMEIRO DÍA DE FROITOS SECOS OU PASOS E...¿CHOCOLATE?

O venres 7 de outubro foi o primerio día de froitos secos ou pasos e chocolate... aínda que, a verdade, moitos dos caracois esquecéronse deste último!

Ademais da merenda de cada un, probaron tamén uvas pasas e orellóns da profe...mmm... E, grazas a Sofía, moitos deles comeron tamén manises!




TODO MOI RICO!

Se pinchades AQUI accederedes a un artigo sobre as propiedades dos froitos secos.


16 oct 2011

TACHÁN, TACHÁN,...

Outro pequeno vídeo dos caracoliños cantando "Sol, solecito"