16 oct 2011

TACHÁN, TACHÁN,...

Outro pequeno vídeo dos caracoliños cantando "Sol, solecito"




15 oct 2011

TEMOS CHAT ¡ESCRÍBENOS!

Na barra lateral dereita temos instalado un chat no que, dun xeito moi sinxelo, podedes deixarnos unhas palabras, un saúdo,... ¡o que queirades!

Seguro que aos caracoliños lles encantará recibir unhas palabras das mamis, papis, avós, avoas,...

Non esquezades que tamén podedes deixarnos comentarios nas entradas pinchando onde pon ...COUSIÑAS

14 oct 2011

PLAN MADRUGA

Por primeira vez, este ano o CEIP A GUÍA oferta o servizo PLAN MADRUGA co fin de facilitar un pouquiño a conciliación da vida laboral e familiar, ofrecendo ás familias que entran moi cedo a traballar a posibilidade de deixar a almorzar ao fillo ou filla no colexio.

A caracola PAULA é unha das usuarias deste plan ¡e mirade que contenta baixa ela a gardar o cartón de leite na neveira!



Máis información na secretaría do centro.

13 oct 2011

TACHÁN, TACHÁN,...

E con todos vós, unha nova versión da VACA LOLA e OS POLLITOS!!


11 oct 2011

XOVES DE CEREAIS, COLARES E BOTÓNS

Seguimos coas primeiras veces... Este xoves foi o primeiro día de cereais e lácteos para a merenda. Houbo de todo!

 ARIEL trouxo cereais e un petit...
 SOFI un iogur de plátano e cereais...
 PAULA un iogur de vainilla e dúas tortiñas de millo
 ANA un queixiño e tamén dúas tortiñas de millo...

 IZAN unha barriña de cereais de chocolate e unha natilla...
ERIK dúas barriñas de cereais e dous petits...

¡¡TODO BOÍSIMO!!

Despois do patio, como xa estabamos un pouco cansos, decidimos que era o momento de estrenar as boliñas para facer colares...





... e os botóns ¡a coser!





¡MIRADE O RESULTADO DE TOOOODO O TRABALLO!