17 oct 2011

PRIMEIRO DÍA DE FROITOS SECOS OU PASOS E...¿CHOCOLATE?

O venres 7 de outubro foi o primerio día de froitos secos ou pasos e chocolate... aínda que, a verdade, moitos dos caracois esquecéronse deste último!

Ademais da merenda de cada un, probaron tamén uvas pasas e orellóns da profe...mmm... E, grazas a Sofía, moitos deles comeron tamén manises!




TODO MOI RICO!

Se pinchades AQUI accederedes a un artigo sobre as propiedades dos froitos secos.


16 oct 2011

TACHÁN, TACHÁN,...

Outro pequeno vídeo dos caracoliños cantando "Sol, solecito"




15 oct 2011

TEMOS CHAT ¡ESCRÍBENOS!

Na barra lateral dereita temos instalado un chat no que, dun xeito moi sinxelo, podedes deixarnos unhas palabras, un saúdo,... ¡o que queirades!

Seguro que aos caracoliños lles encantará recibir unhas palabras das mamis, papis, avós, avoas,...

Non esquezades que tamén podedes deixarnos comentarios nas entradas pinchando onde pon ...COUSIÑAS

14 oct 2011

PLAN MADRUGA

Por primeira vez, este ano o CEIP A GUÍA oferta o servizo PLAN MADRUGA co fin de facilitar un pouquiño a conciliación da vida laboral e familiar, ofrecendo ás familias que entran moi cedo a traballar a posibilidade de deixar a almorzar ao fillo ou filla no colexio.

A caracola PAULA é unha das usuarias deste plan ¡e mirade que contenta baixa ela a gardar o cartón de leite na neveira!



Máis información na secretaría do centro.

13 oct 2011

TACHÁN, TACHÁN,...

E con todos vós, unha nova versión da VACA LOLA e OS POLLITOS!!