20 oct 2011

OS NÚMEROS SIGNIFICATIVOS PARA NÓS

Xa sabemos que non temos por qué comezar a aprender os números comezando polo 1 se este non nos dí nada (non é significativo para nós). Neste mes que levamos de cole, os nosos caracoliños xa coñecen e recoñecen moitos números que empregamos habitualmente na asemblea cando contamos os nen@s que quedaron na casa, os que estan no cole, as cousas que imos facer...

Coma sempre, para mostra un botón...


Xa vedes, polo tanto, que pouco nos importa o número 1 se, neste caso, hai 0 nen@s na casa, 9 no cole, facemos 7 cousas...

19 oct 2011

O NOSO OUTONO

Á nosa aula tamén chegou o outono grazas á colaboración das familias que nos trouxeron moitas follas.
Con elas, de momento, só fixemos a nosa propia árbore do outono pero as nosas follas non son marróns!!Non!! Son de moitas cores!!










Ademais, estamos tamén aprendendo esta canción ¡¡que nos encanta!!


Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

17 oct 2011

PRIMEIRO DÍA DE FROITOS SECOS OU PASOS E...¿CHOCOLATE?

O venres 7 de outubro foi o primerio día de froitos secos ou pasos e chocolate... aínda que, a verdade, moitos dos caracois esquecéronse deste último!

Ademais da merenda de cada un, probaron tamén uvas pasas e orellóns da profe...mmm... E, grazas a Sofía, moitos deles comeron tamén manises!




TODO MOI RICO!

Se pinchades AQUI accederedes a un artigo sobre as propiedades dos froitos secos.


16 oct 2011

TACHÁN, TACHÁN,...

Outro pequeno vídeo dos caracoliños cantando "Sol, solecito"




15 oct 2011

TEMOS CHAT ¡ESCRÍBENOS!

Na barra lateral dereita temos instalado un chat no que, dun xeito moi sinxelo, podedes deixarnos unhas palabras, un saúdo,... ¡o que queirades!

Seguro que aos caracoliños lles encantará recibir unhas palabras das mamis, papis, avós, avoas,...

Non esquezades que tamén podedes deixarnos comentarios nas entradas pinchando onde pon ...COUSIÑAS