13 nov 2011

Falando un pouco da significatividade...

Cando teñades un pouquiño de tempo, botádelle un ollo a este vídeo de Punset no que, xunto con Richard Gerver, falan do tema do traballo por proxectos, a significatividade, a importancia do "camiño" máis ca da "meta",... Como é un pouquiño longo, vos anticipo que sobre o minuto 12:30 comeza o "groso"...


Ademais, vos deixo un anlace AQUÍ a un artigo tamén moi interesante.

A partir deste momento, cada fin de semana intentarei subir algunha entrada deste estilo, un pouco máis teórica e relacionadas co traballo na Educación Infantil, baixo a etiqueta para pensar e reflexionar.  

Por se non o sabedes, se pinchades no nome da etiqueta (todas agrupadas agora baixo a cabeceira do blogue) sobre a que queredes ler, accederedes directamente aos post relacionados.



Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

9 nov 2011

O OURIZO DA CASTAÑA

Moitas das cousas que aprendemos no cole non quedan reflexadas nunha ficha; moito do que falamos, moito do que experimentamos, moito do que contamos,... Por iso, na aula intentamos sempre ter á man a cámara de fotos/vídeo, para poder rexistrar as pequenas cousas do día a día que, verdadeiramente, son as que nos enriquecen (ademais de, eles mesmos, darse conta do que aprenden, dos seus comportamentos,...)

Onte apareceu na clase, na mesa do outono, unhas boliñas de pinchos. Ariel díxonos que eran "erizos de las castañas"




Ademais, hoxe coa excusa de engordar unhas castañas xigantes para decorar o pasillo, estivemos vendo que cousas temos na cara; e resulta que temos ollos para ver, bocas para soplar (Ana), para comer (Erik) e para falar (Sofía) e unha nariz para facer mocos (Erik) e respirar (Sofi).

As nosas super-castañas estaban moi delgadiñas porque non comían nada de merenda e decidimos engordalas dándolles de comer boliñas de papel...











Isto todo o fixemos na mesa de xuntanzas e como parece que nos gustou bastante isto de estar todos xuntos ¡¡Mañá estreamos nova organización da aula!! (e xa levamos 4 cambios...)

Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

CARACOLADAS II

Na clase, picando unhas castañas para poñer no bolso do magosto. Anxo se enfada e tira co punzón ao chan...
ALEXIA: Profe, profe, profe!!! Anxo tiró al suelo el..... el..... el..... el picor!!!

Paula, nada máis entrar pola porta:
PAULA: Profe, tengo picachus....
PROFE: Vale Paula, muy bien.

Paula, antes de facer pis para merendar:
PAULA: Profe, tengo picachus...
PROFE: Que sí Paula, pero non os quites da mochila porque senón sabes que a profe os garda na estantería.

Paula, amosándome a merenda:
PAULA: Profe mira, tengo picachus!
PROFE (escachada da risa): Picachus no, Paula, PISTACHOS!!!


Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

8 nov 2011

O CONTO DA SEMANA


Cando nos gusta un conto, nos gusta de verdade... e o lemos tantas veces que xa ata os sabemos de memoria. A semana pasada lemos o conto de "O COELLIÑO BRANCO" un conto popular portugués.



(Idea para os Reis Magos/Papa Nöel)

Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com