6 feb 2012

Arrancando motores!!

So quedan 11 días para celebrar o Entroido no cole pero... por que esperar ata ese día para disfrazarse? Na clase dos caracoliños propuxémonos voltar a casa cada día cun disfraz diferente!

Hoxe convertémonos en Papelotes!!

E para contrastar un pouco co frenesí do Entroido... ¡¡Ioga!! Comezamos a practicar un pouco a semana pasada...



Podedes ler sobre o tema aquí e aquí.

Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

1 feb 2012

"A PAZ" unha festa un pouco "rara"

A semana pasada falamos un pouquiño sobre a paz e o día da paz...

- Facer a paz e portarse ben e facer cousas que lle gustan a outra xente- lles contei - Que máis cousas boas se vos ocorren?

  • Coller unha flor para mamá (Sofía)
  • Mercarlle una mochila nova a mami poruqe a dela está rota (Erik)
  • Darlle una caracia a Lola (Alexia) coa lingua! (Ana) Iso é un bico de vaca (Erik)
  • Portarse ben cos can, cos cabalos e cos gatos (Ana) Pero a a min Misia me araña (Sofía)
  • O can de Pepi dame bicos na man e me leva de arrastro polos pantalóns (Erik)
  • Portarse moi ben no cole (Paula)
  • Dar moitos abrazos (Ana)
  • Comer a mazá coa pel (Ana)
  • ...
Unha vez tivemos claro o concepto explicamos un pouco en que consistiría a festa e, en vista de que non había caramelos, nin música para bailar, nin nada, ¡e representada por unha pomba!!!... concluímos que se trataba dunha festa un pouco rara.

O luns, o Día da Paz, a profe Carmen nos avisou de que tiñamos que escoller a un de nós para soltar unha pomba de verdade!! e como todos queriamos (bueno, a profe non) decidímolo xogando ao xogo das cadeiras...



E a gañadora foi... ¡¡Paula!!

Pronto no blogue do centro veredes fotiños do Día da Paz.


Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

29 ene 2012

¡De merendola todos xuntos!

Xa podedes ver no blogue do noso cole a merendola que fixemos na semana da froita todos os nenos e nenas de infantil.
¡Esperamos que vos guste!

Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

25 ene 2012

1ª Semana de préstamo de libros

Despois de, xusto, unha semana dende que comezamos co préstamo de libros penso que podemos concluír que está a ser unha experiencia moi positiva. Cada mércores vánse encantados coas súas carpetas, e volveron este luns emocionadísimos por ensinar as súas creacións! Velaquí van algunhas fotos:

 EVELYN levou o conto "Caracol e Vermiño" e debuxou unha cabaza. MOI BEN!

 ARI leu ¡Que susto! e fixo un caracol que se escondía!!! Nos gustou tanto que o temos pegado na porta. MOI BEN!

 PAULA tamén levou o conto de ¡Que susto! e fixo un debuxo do xardín de Caracol e Caracola. MOI BEN!

 IZAN levou o conto de "Caracol e Vermiño" e debuxou a tódolas personaxes!MOI BEN!

 ERIK levou o conto de "Caracol e Caracola" e debuxou a Caracol véndose na charca. MOI BEN!

 ALEXIA levou o de "Unha eiruga moi larpeira" e debuxou á eiruga.MOI BEN!

 SOFI levou o conto de "A que sabe a lúa?" e, con plasti, fixo unha lúa grande, a lúa xa pequeniña e triste despois de que lle comeran un trociño e unha fresa, porque a Sofi a lúa lle sabería a fresa!! MOI BEN!

 ANA levou o conto de "Navega, Caracol" e, no caderno, fixo a Caracol e ás cinco raniñas en relevo! Encantounos!
ANXO levou o conto de "Caracol e Formiga" e debuxou aos dous protas! MOI BEN!!

Trátase dunha actividade estupenda, sobre todo vendo aos grandes lectores (aínda que, de momento, só son escoitadores e inventores) que se esconden baixo estes pequenos e pequenas. Reservar cada día un ratiño para ler un conto vai favorecer multitude de logros:
  • Imos enriquece-lo seu pensamento, a súa imaxinación, a súa fantasía, a súa creatividade,...
  • Imos mellorar a súa expresión e o seu vocabulario
  • Imos favorecer a expresión, o recoñecemento e a aceptación dos sentimentos propios e alleos
  • Imos ampliar a súa visión do mundo
  • Imos achegar a linguaxe escrita como medio de comunicación
  • Imos fomentar hábitos de responsabilidade (porque temos que coidar os libros para que non se estropeen, porque temos que levar a carpeta e traela o luns), de silencio (para poder escoitar ben ou non molestar aos demais cando estamos todos lendo), de orde, de compartir,...
Se ben, o máis máis máis importante e que desfrutemos cos nosos pequenos/as dun momento agradable grazas a unha boa historia. Nós xa temos lidas e relidas moitííííííísimas pero imos facer un top10 das que máis nos gustan:

No número 10: A XOANIÑA ROSMONA de Eric Carle (Ed. Kalandraka)

No número 9: CORRE, CORRE CABACIÑA! de Eva Mejuto (Ed. OQO)

No número 8: O COELLIÑO BRANCO de Xosé Ballesteros (Ed. Kalandraka)

No número 7: A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR de Roberto Aliaga (OQO)

No 6: LOBO FEROZ de Patacrúa & Chené (OQO)

No 5: A QUE SABE A LÚA? de Michael Grejniec (Kalandraka)
No número 4: CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS de Chema Heras (Kalandraka)

No número 3: A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA de Werner Holzwart (Kalandraka)

No número 2: A SOPA QUEIMA de Pablo Albo (OQO)
E, neste momento, sen lugar a dúbidas, no número 1: UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA de Eric Carle (kalandraka)

Por suposto sen esquecernos de toda a colección de CARACOL E CARACOLA de Armando Quintero e André Letria (OQO)

Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com