8 abr 2012

Fin do segundo trimestre!

En canto nos despistamos... chegou o final do segundo trismestre ¡¡demasiado rápido!! Isto debe ser sinal de que o pasamos moi ben!!
Nestas últimas semanas antes das vacación estivemos experimentando en recantos e materiais novos de xeito autónomo ¡¡cómo se nota que nos estamos facendo maiores!!
Xogamos con xogos moi sinxeliños para aprender a manexar o rato:







¡¡A moitos xa se lles da moi pero que moi ben!!

Tamén empregamos as exponxas de letras para estampar o noso nome nas carpetas que reciclamos do método para levar os traballiños para casa. Esta tarefa, que a simple vista parece moi sinxeliña, require dun alto grado de concentración pois, primeiro, tiñan que buscar as letras que pertencían ao seu nome de entre todas as do alfabeto, logo ordenalas e logo estampalas tendo en conta que as letras repetidas no nome non están repetidas en esponxiña (por exemplo, no nome de ANA, a A só a temos nunha esponxiña, polo que tivo que darse conta de que tiña que empregar a mesma dúas veces).

Mirade, neste caso, que ben o fixeron Erik e Sofi:

 








¡¡Non foi sinxelo!!

Pero, por suposto, o gran acontecemento deste fin de trimestre foi o nacemento dos pitiños!!
Algúns deles, no seu primeiro día de vida, xa pasaron polas nosas mans...























Ao final houbo sorte e naceronnos todos así que tivemos que facer unha camapaña de adopción. Houbo tantas solicitudes que tivemos que facer un sorteo!! Na clase dos caracois os afrotunados foron Ariel e Izan
¡¡Xa nos contaredes que tal van á volta das vacacións!!


Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

23 mar 2012

Esta semana celebramos novamente a Semana da Froita comendo peras, laranxas, mazás, plátanos e fresas. Cada vez comemos mellor a froita pero, sen dúbida, o día que nos puxemos as botas foi o mércores que, grazas a mami de Erik, comemos melón e bebimos batido de fresa!!!


























Ah!! tamén zampamos algunhas galletas de chocolate!!!



Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

19 mar 2012

19 de marzo, Día do Pai

Velaquí un pequeno resumo do noso agasallo para os pais!! Foi algo traballoso, pero mereceu a pena polo chulo que quedou!



Click to play this Smilebox tarjeta


Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

18 mar 2012

8 de Marzo, Día da Muller

Co motivo da celebración do Día da Muller, todo o cole levamos a cabo unha actividade coa que tratamos o tema da igualdede, a non violencia, etc.
Cada un de nós fixemos unha camiseta máxica Unha camiseta na que puxemos unha atitude negativa e, despois de lavala na lavadora máxica, saíu limpiña e positiva!

Click to play this Smilebox scrapbook
Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

16 mar 2012

Este sábado no Auditorio de Cangas Cincenta, a gata borrallenta ás 18:00h.

Máis información na seguinte ligazón: Xeado do Toxo.

Déixovos esta páxina (Xeado de Toxo), a páxina das Bibliotecas Públicas de Cangas, a da Biblioteca Pública de Moaña e a páxina do Concello de Moaña na barra lateral para que poidades consultar as diferentes actividades das axendas culturais. 



Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com