10 oct 2011

EXPERIMENTAMOS CON...

O mércores, despois de que os 9 caracoliños me deixaran claro de que o debuxo non é o meu confundindo a miña magnífica castaña xigante cun corazón, decidimos que iamos pintar o corazón a CASTAÑA cos pinceis gordos. Como os 9 non cabiamos no encerado, fixemos varios turnos, e mentres uns lle daban ás brochas...









... outros pintaban a portada do conto A SOPA QUEIMA




ES QUE ESTAMOS DUN TRABALLADOR  ¡¡NON PARAMOS!!

9 oct 2011

PRIMEIRO DÍA DE FROITA

O mércores foi o primeiro día de froita nas merendas. A algúns lles custou un pouquiño comela pero pronto nos acostumaremos... ¡que a froita ten moitas vitaminas!


 Paula e a súa mandarina...

 Anxo e a súa mazá...
 Izan temén trouxo unha mazá metidiña en zume de laranxa... mmmmm....
 Ana, outra mazá, pero vermella!
E Sofi coa súa compota!! Boísima!!


6 oct 2011

TACHÁN, TACHÁN,...

Benvidos e benvidas a un anaquiño dos nosos días:




Como os luns temos que traer ao cole para merendar algún postre caseiro, déixovos o enlace ao blogue COCINAMOS EN LA ESCUELA que ten receitas moi moi ricas e moi moi sinxeliñas. Pinchade na imaxe seguinte e accederedes ao blogue:



5 oct 2011

A hora da merenda: un dos maiores momentos educativos.

A hora de merendar é un dos momentos máis importantes da xornada... Cara ás 11:15 da mañá, os 9 caracoliños e caracoliñas dispóñense a facer pis...

 ... remangarse para lavar as mans...

... estiralas moi ben para botar o xabón...
 ... un xabón que cheira a caramelo...
... frotamos moito moito...
... e auga!!
... e secamos...

 E tod@s xuntos esperamos coa mochila na man e moita fame!!!

Esta semana aprendemos tamén que os nenos e as nenas maiores non comen coa boca aberta. Estivemos parcticando un pouco e... ¡xa comemos moi ben coa boca pechada! E para mostra...







MOI BEN!!

Na parte dereita do blogue déixovos o calendario das merendas que mandamos esta semana: