11 oct 2011

XOVES DE CEREAIS, COLARES E BOTÓNS

Seguimos coas primeiras veces... Este xoves foi o primeiro día de cereais e lácteos para a merenda. Houbo de todo!

 ARIEL trouxo cereais e un petit...
 SOFI un iogur de plátano e cereais...
 PAULA un iogur de vainilla e dúas tortiñas de millo
 ANA un queixiño e tamén dúas tortiñas de millo...

 IZAN unha barriña de cereais de chocolate e unha natilla...
ERIK dúas barriñas de cereais e dous petits...

¡¡TODO BOÍSIMO!!

Despois do patio, como xa estabamos un pouco cansos, decidimos que era o momento de estrenar as boliñas para facer colares...





... e os botóns ¡a coser!





¡MIRADE O RESULTADO DE TOOOODO O TRABALLO!








10 oct 2011

EXPERIMENTAMOS CON...

O mércores, despois de que os 9 caracoliños me deixaran claro de que o debuxo non é o meu confundindo a miña magnífica castaña xigante cun corazón, decidimos que iamos pintar o corazón a CASTAÑA cos pinceis gordos. Como os 9 non cabiamos no encerado, fixemos varios turnos, e mentres uns lle daban ás brochas...









... outros pintaban a portada do conto A SOPA QUEIMA




ES QUE ESTAMOS DUN TRABALLADOR  ¡¡NON PARAMOS!!

9 oct 2011

PRIMEIRO DÍA DE FROITA

O mércores foi o primeiro día de froita nas merendas. A algúns lles custou un pouquiño comela pero pronto nos acostumaremos... ¡que a froita ten moitas vitaminas!


 Paula e a súa mandarina...

 Anxo e a súa mazá...
 Izan temén trouxo unha mazá metidiña en zume de laranxa... mmmmm....
 Ana, outra mazá, pero vermella!
E Sofi coa súa compota!! Boísima!!


6 oct 2011

TACHÁN, TACHÁN,...

Benvidos e benvidas a un anaquiño dos nosos días:




Como os luns temos que traer ao cole para merendar algún postre caseiro, déixovos o enlace ao blogue COCINAMOS EN LA ESCUELA que ten receitas moi moi ricas e moi moi sinxeliñas. Pinchade na imaxe seguinte e accederedes ao blogue: