7 feb 2012

QUEN SE ANIMA??????

Estamos barallando a posibilidade de facer este xoves (entre as 10:30 e 11:50 aprox.) un 
obradoiro
de postres do entroido (orellas, filloas, rosquillas,...).

@s que estedes interesados, mandádeme un mail a caracolinhosdeisamil@gmail.com antes de mañá ás 14:00h
Nós poñemos todo!

animadevos


PD: Mami Izan!! As orellas voaron o luns!!!! Grazas!!! Temos pendente ese biscoito, que non nos esquecemos!!


(Se a alguén lle apetece e, polo que sexa, non pode este xoves, xa sabedes que a nosa aula está sempre aberta; é só concretar o día e ¡para adiante!)

Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

6 feb 2012

Arrancando motores!!

So quedan 11 días para celebrar o Entroido no cole pero... por que esperar ata ese día para disfrazarse? Na clase dos caracoliños propuxémonos voltar a casa cada día cun disfraz diferente!

Hoxe convertémonos en Papelotes!!

E para contrastar un pouco co frenesí do Entroido... ¡¡Ioga!! Comezamos a practicar un pouco a semana pasada...



Podedes ler sobre o tema aquí e aquí.

Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

1 feb 2012

"A PAZ" unha festa un pouco "rara"

A semana pasada falamos un pouquiño sobre a paz e o día da paz...

- Facer a paz e portarse ben e facer cousas que lle gustan a outra xente- lles contei - Que máis cousas boas se vos ocorren?

  • Coller unha flor para mamá (Sofía)
  • Mercarlle una mochila nova a mami poruqe a dela está rota (Erik)
  • Darlle una caracia a Lola (Alexia) coa lingua! (Ana) Iso é un bico de vaca (Erik)
  • Portarse ben cos can, cos cabalos e cos gatos (Ana) Pero a a min Misia me araña (Sofía)
  • O can de Pepi dame bicos na man e me leva de arrastro polos pantalóns (Erik)
  • Portarse moi ben no cole (Paula)
  • Dar moitos abrazos (Ana)
  • Comer a mazá coa pel (Ana)
  • ...
Unha vez tivemos claro o concepto explicamos un pouco en que consistiría a festa e, en vista de que non había caramelos, nin música para bailar, nin nada, ¡e representada por unha pomba!!!... concluímos que se trataba dunha festa un pouco rara.

O luns, o Día da Paz, a profe Carmen nos avisou de que tiñamos que escoller a un de nós para soltar unha pomba de verdade!! e como todos queriamos (bueno, a profe non) decidímolo xogando ao xogo das cadeiras...



E a gañadora foi... ¡¡Paula!!

Pronto no blogue do centro veredes fotiños do Día da Paz.


Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

29 ene 2012

¡De merendola todos xuntos!

Xa podedes ver no blogue do noso cole a merendola que fixemos na semana da froita todos os nenos e nenas de infantil.
¡Esperamos que vos guste!

Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com