9 may 2012

Pepe xa está enorme!!

Pouquiño despois de que Pepina (a pitiña de Izan) nos visitara, os avós de Ariel trouxéronnos dende Paraños a Pepe, que xa está enorme!! Ademais, Ari ensinounos o seu guante de cetrería do que tanto nos falara!















Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

8 may 2012

Sofi xa ten 4 anos!!

O 20 de abril, outra das nosas caracoliñas cumpliu 4 anos ¡¡Parabéns Sofi!!

















Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

3 may 2012

Día do Libro

Xa podedes ver no blogue do cole o que fixemos para conmemorar o Día do libro!

Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

29 abr 2012

MANDALAS

   A semana pasada iniciámonos nunha nova técnica de relaxación: os mandalas.  Os mandalas son representacións esquemáticas e simbólicas do macrocosmos e microcosmos empregados no budismo e no hinduismo. Pintar mandalas axúdanos a mellorar a atención -cando lle damos unhas regras para pintalos, como pode ser que non coincida a mesma cor en dúas seccións diferentes- ou para relaxarnos, coloreando segundo os nosos gustos. 
   Nesta páxina ORIENTACIÓN ANDÚJAR podedes atopar moitísimos mandalas e información ao respecto, pero, a modo resumo, cos mandalas:
- Traballamos a psicomotricidade fina
- Traballamos a creatividade e a orixinalidade
- Traballamos a atención
- Traballamos a expresión creativa mediante o emprego de técnicas plásticas
- Estimulamos a aprendizaxe
- Traballamos a comunicación
- Axúdannos na relaxación, máis se os acompañamos con música clásica ou relaxante,...


   No noso corredor xa podedes ver os que levamos pintados


Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com