17 nov 2011

Nesta semana...

Esta semana estrenamos nova organización da aula, agora traballamos e merendamos todos xuntos...




(fotos do luns 14 de novembro)

Experimentamos con confeti ¿Que lle pasará se lle sopramos?


Houbo algunha que outra rifa-mordisco, curación e perdón...


E chegaron moitas cousas á aula!!
 Anxo trouxo 3 pequenos tomates que Ariel nos dixo que se chamaban tomates cherry. Logo de lavalos, todos probamos un trociño...mmmmm....

 Paula fixo coa profe Fátima (do Plan Madruga) un crocodilo con cartón e unha caixa de ovos ¡¡chulísimo!!

E a mami de Ana, Elda, nos mandou unha caixa con galletas e unha nota chea de letras!!! A nota foi pasando de man en man e recoñecimos moitas das nosas letras! Despois de lela, Ana nos explicou que como o luns tivo que ir correndo para o autobús e non trouxo a mochi coa merenda, a nai lle manda esta caixiña por se a ela ou a outro neno calqueira lle pasa ¡¡MOITAS GRAZAS!!

Por certo, non nos esquecimos das fotos do magosto eh!! Dentro de moi pouquiño poderedes ver as fotos no blogue do cole (se pinchades na imaxe accederedes ao blogue)




Create doll makers and dress up dolls with dollmakerscript.com

1 comentario:

Marta dijo...

Encántame ler as vousas caracoladas. Sodes xeniais, seguide así!
Tedes un premio no meu blogue ;)

Moitos biquiños caracoleiros!!